Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Os Regueifeiros de Bergantiños volven á Escola e á Universidade

Os Regueifeiros de Bergantiños volven á Escola e á Universidade
Suso de Xornes e Guillermo da Rabadeira-Regueifeiros de Bergantinos

Dúas invitacións as que tivo a Fundación Eduardo Pondal para achegar a regueifa a centros de Ensino. A primeira cita será este venres 28 de marzo no CPI Xosé Pichel de Coristanco, onde a partir das 14:30h, Suso de Xornes e Guillermo da Rabadeira farán as delicias "rapeiras" dos peques coristanqueses. Nunha sesión que ademais será presentada pola educadora Tamara Lema, unha das voluntarias máis activas da Fundación, da Asociación Monte Branco e da comarca de Bergantiños, á que só lle falta lanzarse a rimar cos grandes mestres.

Quedarán sós, pero non orfos, Suso de Xornes e Josinho da Teixoeira, na Aula de Declamación Eduardo Pondal o vindeiro xoves 10 de abril no Salón de Actos da UNED. Unha cita para os amantes da copla, do teatro e da cultura galega, porque máis galega que a regueifa retranqueira, poucas cousas ha de haber.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios