Outlet do mexillón en Ponteceso


Novedosa a proposta da Asocación de Empresarios de Ponteceso, que unirá esta fin de semana a feira outlet de Ponteceso coa Ruta do mexillón. I é que non é mala idea a de mesturar compras con gastronomía, dende logo que non.
Será o sábado 11 de agosto e as tendas abrirán ata as 12 da noite, haberá música pola rúa a partir das 21 h a conta da Charanga a Troula de Lalín.
Por entrar nas nosas tendas recibirase un vale para canxear nun establecemento colaborador (hosteleiro) por unha tapa de mexillóns e os bares repartirán rifas para o sorteo dunha cesta de produtos, agasallo das tendas participantes na feira outlet.
Ademais, os restaurantes A Pesquería, a Tasca Ferradura, o Bar RS, O Cruce, o Madison, o Faldra Folk, o Rosalía, Casa Eiroa e o Bar Novo ofertarán a IV Rutsa do Mexillón.
Novas relacionadas
- Concertos, visitas guiadas e conferencias dan vida ao MAC da Costa da Morte.
- Máis de 130 afectados polas Preferentes dan a cara.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal).