![logo asociacion empresarios ponteceso]()
A Asociación de Empresarios de Ponteceso mantivo unha reunión nas últimas horas co gallo da celebración da I Outlet Ponteceso, cos establecementos participantes da vila na organización de dito evento.
A feira celébrase esta fin de semana, tanto o sábado 20 como o domingo 21 de agosto, e nela, todos os participantes agardan acadar uns bos resultados. Contan que haberá grandes descontos e os produtos serán de boa calidade. Para unha maior comodidade dos asistentes, os postos non pecharán a mediodía.
Ruta do mexillón
As citas coa moda e as compras están ben, pero mellor serán se, como neste caso, veñen acompañadas dunha actividade gastronómica. I é que paralelamente ao I Outlet Ponteceso, celebrarase, tamén nos días 20 e 21 de agosto, a III Ruta do Mexillón nos locais de hostalería da vila de Pondal.
Todos os que participen, terán a oportunidade de entar no sorteo dunha cea con aloxamento incluído no Restaurante Aldeola.
Dende a organización das dúas actividades agardan unha gran afluencia de xente durante esta fin de semana en Ponteceso.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Asociación de Empresarios de Ponteceso.