Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Varios trocos na viaxe ás Cíes do Concello de Ponteceso

Varios trocos na viaxe ás Cíes do Concello de Ponteceso
Xa demos conta da viaxe ás Illas Cíes que vai organizar a vindeira semana o Concello de Ponteceso. Hoxe temos que informar dalgúns cambios, como a ampliación do rango de idades, que agora irá dende os 13 ata os 16 anos, o cambio da data, que será para os días 23 e 24 de agosto, e o prazo de inscrición, que quedará aberto ata o venres 19 de agosto, ás 13:30h. A actividade consta dunha serie de viaxes turísticas combinadas con actividades deportivas, culturais e de carácter medioambiental. A Costa da Vela, o Cabo Home, ou as Illas Cíes formarán parte do percorrido. Nese contexto, desenvolveranse actividades de sendeirismo e baloncesto. O Concello habilitará para estas actividades trinta prazas, que se repartirán por orde de inscrición. Para inscribirse hai que dirixirse ao Concello ou á Oficina Municipal de Corme, en horario de 09:30h a 13:30h. A cota é de 40 euros, un prezo que inclúe xantar, aloxamento, cea, almorzo, e a viaxe en barco ata as Cíes. Para máis información poden chamar ao teléfono do Concello, no 981 714 000, ou á Oficina Municipal de Corme no 981 738 428. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios