Pazos terá unha nova senda peonil a finais de 2026

A Conselleira de Vivenda co alcalde de Ponteceso
Nova senda peonil para Bergantiños, e de novo para un Concello popular. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de asinar co alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, un investimento de case 400.000€ (397.250€) para a construció dunha senda peonil en Pazos.

A actuación prevista é a construción dunha senda peonil na estrada AC-419, no treito que vai desde o punto quilométrico 2+990 ata o 3+350. Executaranse unha senda peonil pola marxe esquerda da travesía, unha zona de aparcamento, dous pasos de peóns e un reforzo da sinalización existente. 

O Goberno galego financiará estes traballos coa achega do 70% do orzamento, é dicir,  278.074€; e o Concello de Ponteceso aportará o investimento restante, 119.174€. A Xunta encargarase da licitación das obras, coa previsión de poder inicialas en setembro e que estean finalizadas a principios do 2026.

Novas sobre as últimas sendas peonís