venres. 07.02.2025
El tiempo

Unha nova senda peonil dende Agualada ata a autopista

Senda peonil agualada
Visita institucional
Unha nova senda peonil dende Agualada ata a autopista

Nova senda peonil a que vai ser construída no Concello de Coristanco. Despois da realizada o pasado ano entre o cemiterio de Agrilloi e Agualada, agora, a Xunta vai realizar o acondicionamento con senda da estrada AC-421, entre o lugar de Agualada Bormoio, e o enlace coa AG-55. Unha obra que suporá un investimento de case 764.000€ e que xa foi aprobado recentemente no Consello da Xunta, polo que en breve se prevé licitar a execución das obras ao longo do exercicio e ten un prazo de execución de 6 meses.

As actuacións consistirán na reorganización de espazos e a mellora dos pavimentos no tramo de travesía da AC-421 comprendido entre o punto quilométrico 0 e o 0+135, ampliando beirarrúas coa diminución do ancho de calzada e redistribuíndo as zonas de aparcamento, dando maior protagonismo ao peón.

O obxectivo da actuación é comunicar co núcleo de Agualada as vivendas dispersas situadas ao longo de estrada ata o punto quilométrico 0+750 mediante unha senda pola marxe dereita. Na actualidade, este tramo carece de beiravía ou beirarrúa, polo que con esta actuación perséguese o fomento da mobilidade sostible en condicións seguras.
Doutra banda, para mellorar a drenaxe da vía darase continuidade á cuneta formigonada existente no quilómetro 0+980 pola marxe esquerda ata as casas situadas no punto 0+750.
Ademais, entre os puntos quilométricos 0+712 e 0+727, coincidindo co cruzamento sobre o Río Calvar, acometerase unha pasarela de madeira de 15 metros de longo apoiada en estribos cargadeiro de formigón. 
Tamén se levará a cabo a rehabilitación do firme entre os puntos quilómetros 0 e 0+980, no enlace coa autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55), incluíndo a execución dunha cuneta de seguridade pola marxe esquerda entre os puntos quilométricos 0+750 e 0+980.

Mapa Senda peonil agualada copia

Comentarios