Luns. 29.04.2024
El tiempo

Licitan as obras dunha senda peonil na estrada entre Neaño e o Allo

Neaño 1
Licitan as obras dunha senda peonil na estrada entre Neaño e o Allo

A estrada que conecta a costa do esteiro do Anllóns con Baio pasando por Cesullas, a provincial DP-1406, terá unha senda peonil. Así o acordou a Deputación, aprobando a licitación dunha senda de 1,2 quilómetros nos arredores de Cesullas, entre os PQ 0+680 e o PQ 1+900.

Ademais da senda realizarase a ampliación da plataforma ata conseguir dous carrís de 3,5 metros e beiravías de 0,5 metros, salvo na zona na que se executan os muros, na cal a beiravía da marxe esquerda terá un ancho de 1 metro.

As expropiacións dos terreos necesarios para a execución dos traballos xa están completadas.

A obra está licitada por 802.384 e o prazo de presentación de ofertas remata o 6 de novembro.

Comentarios