Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Xunta anuncia unha nova senda peonil entre Serantes e Castrelo

Plano cos treitos de sendas construídos na estrada AC-433 entre Soesto e Laxe
Plano cos treitos de sendas construídos na estrada AC-433 entre Soesto e Serantes
A Xunta anuncia unha nova senda peonil entre Serantes e Castrelo

Prevé unha nova senda peonil a Xunta na Costa da Morte. E volve ser en Bergantiños, e nun concello gobernado polo PP, como adoita xa ser costume. Estas necesarias sendas que conectan núcleos de poboación estanse constuíndo cun claro sesgo político, como vimos comprobando nos últimos anos e como xa denunciou o PSOE no seu momento.

A nova infraestrutura anunciada hoxe é a senda peonil na estrada AC-433, entre Laxe e os núcleos de Serantes e Castrelo. A Xunta vén de encargar o proxecto de redacción para esta senda que complementará as sendas xa en servizo, que son a de Soesto, que une os lugares de Arrueiro e Castrelo, e a de Serantes, entre Conlle e O Piñeiro.

En concreto, en Soesto, o itinerario de uso compartido, peonil e para ciclistas non deportivos, une os lugares de Arrueiro e Castrelo, partindo desde a intersección da actual estrada autonómica coa antiga traza.
No caso da senda de Serantes, ten unha lonxitude de 720 metros e vai pola marxe da estrada actual, pero apoiada na antiga traza, entre os núcleos de Conlle e O Piñeiro. O itinerario transcorre pola dereita, proporcionando un itinerario seguro cara á igrexa de Santa María de Serantes e ao cemiterio.

Comentarios