Comezaron as obras da senda peonil do Couto
- O prazo de execución é de 3 meses.

Non foi sen tempo. A Xunta inicia hoxe luns 13 de maio as obras da nova senda na estrada AC-424 no Couto, entre Ponteceso e Corme. Unha obra cuio procedemento comezaba en 2019, tras numerosas peticións da Asociación Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal. Esemesmo ano a Xunta presentaba aos veciños o proxecto, e un ano despois o aprobaba. Pero o proxecto estivo bloqueado ata finais do ano pasado, e as obras aínda comezaron en maio de 2024.
O orzamento de 357.000 euros, e a nova senda de algo máis de 600 metros de lonxitude: concretamente, pola marxe dereita executaranse arredor de 400 metros, desde o quilómetro 1+100 ata o 1+506. Neste caso, tras a información pública, decidiuse ampliar o itinerario ata o acceso á última vivenda situada na glorieta de Balarés. Pola marxe esquerda, a senda acadará os preto de 240 metros, desde o quilómetro 1+140 ao 1+378, dando continuidade ao itinerario
actual.
Na intervención será preciso estreitar un pouco a estrada na travesía do Couto, reducíndoa de 7 a 6 metros, dado o escaso espazo dispoñible para a construción da senda, ao tratarse dunha zona moi edificada.
Tamén, e coa vista posta en reforzar a seguridade dos peóns, que son os usuarios máis vulnerables da estrada, ao finalizar os traballos, a velocidade de circulación nesa travesía limitarase aos 40 km/hora, reforzando ademais a sinalización no treito.
NOVAS RELACIONADAS
- Decembro 23: A nova senda peonil do Couto estará operativa, por fin, a mediados de 2024
- Agosto21: Preguntan polo retraso da licitación das sendas de Couto e Xornes:
- Decembro 2020: Aprobado o proxecto da senda peonil do Couto.
- Marzo 2019: O Couto coñece polo miúdo o proxecto de senda peonil na marxe da estrada AC-424.
- 2019: O Couto terá a súa senda peon