Luns. 29.04.2024
El tiempo

Rematadas as obras da senda de Agualada

senda Ampliación AC-552 Agualada_3
Imaxe da senda nun voadizo na ponte do río Calvar en Agualada
Rematadas as obras da senda de Agualada

Non foi sen tempo, pero finalmente, a Xunta deu por rematadas as obras da senda peonil de Agualada-Bormoio, así como as de Montecelo, en Coristanco e Carballo.

As primeriras, son 1,3 km de senda na estrada AC-552 que facilitarán a mobilidade dos veciños desta contorna, unindo o núcleo de Agualada, coa Taberna da Ponte e o cemiterio de Agrilloi.
Neste caso as obras complicaronse pola ponte do río Calvar, que tivo que ampliarse a ponte mediante un voadizo que permitirá a integración na plataforma do espazo necesario para darlle continuidade á senda nese punto.

No caso da senda en Montecelo, ten 800 metros e vai pola marxe esquerda da estrada, desde o final da senda que vén de Carballo ata a contorna do centro comercial

senda Montecelo_4
Senda por Montecelo

Comentarios