Piden colaboración veciñal para actuar contra as persoas que danan as novas árbores do malecon de Ponteceso

08:30 23/04/18

Este domingo pola mañá volvían a aparecer árbores danadas no malecón de Ponteceso. A pesar de que o Concello está tratando de facer labores de vixilancia para evitar este tipo de accións vandálicas, algún desalmado ten a cobardía de facelo durante as madrugadas. Unhas accións que obrigan a repoñer continuamente algunha das 150 árbores plantadas nos últimos meses.
Para intentar evitar que este tipo de accións incívicas continúen producíndose, desde a área de Medio Ambiente faise un chamamento á colaboración veciñal, e pídese ás persoas que pasean polo malecón, que cada día son máis, que comuniquen ao Concello de Ponteceso calquera incidencia coa finalidade de poder actuar contra os/as responsables.
Fonte
- Concello de Ponteceso.