Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ponteceso atrévese a meter man na xestión das franxas antiincendios

Sinais en parcelas de Ponteceso avisando de incumprir a normativa 1
Sinais en parcelas de Ponteceso avisando de incumprir a normativa
Ponteceso atrévese a meter man na xestión das franxas antiincendios

Nin o propio Feijoo recoñecía o pasado verán que cumple coa Lei das limpeza de franxas antiincendios. E moito menos a Xunta se atreve a afrontar un asunto que implica a milleiros e milleiros de propietarios ao longo do país. Un dos poucos Concellos implicados nesta loita por intentar evitar que os núcleos de poboación sufran as consecuencias dos incendios forestais é o de Ponteceso. Xa a comezos do verán pasado poñían en marcha unha campaña de control de Biomasa nas fincas, enviando ata 9.000 cartas informativas a propietarios.

Este mes de agosto deron un paso adiante, facendo unha atrevida campaña en parcelas en zonas urbanas. Están sinalizando, advertindo, informando á veciñanza, poñendo mesmo carteis de alerta nas fincas que non respectan a normativa, para que sexan conscientes de que “as leis están para cumplilas”.

Así fala Faustino Santiago, Concelleiro do PSOE de Ponteceso, responsable do GES, consciente de que é unha medida pioneira en Galicia. “Alguén terá que empezar a facelo, e non é co ánimo de ser o primeiro nin por perxudicar a niguén, é co ánimo de evitar calquera incendio”, valora. E por agora, a cousa non vai mal. Non están recibindo demasiadas “broncas” da veciñanza, máis ben ao contrario. “Está tendo boa acollida. Hai que ter en conta que é unha lei que o normal é que fosemos acatando. Esperamos que a xente vaia comprendendo, e creo que á larga imos saír todos beneficiados”

Sinais en parcelas de Ponteceso avisando de incumprir a normativa

A normativa incide na necesidade de xestionar estas franxas hai que facer unha xestión, hai que manter a maleza controlada pero ademais intentar sacarlle rendibilidade para manter vivo o rural, como explica Faustino: “A idea é que se limpe de maleza, pero que tamén se pranten árbores autóctonas. Onde hai un carballo ou un castaño, hai sombra, e o normal é que non naza toxo, haberá céspede.

Unha vez que o propietario dunha finca vexa o carteliño informativo, poderá achegarse ao Concello para recibir información sobre como ten que actuar. Pero as causísticas son moi variadas, como explica o alcalde, Lois Carballido. “É bastante complicado de xestionar por parte dos concellos pequenos falando en materia administrativa. En Galicia nunca nos puxemos en serio coa ordenación do catastro e hai moitas casuísticas difíciles de resolver: que se non se sabe onde está o proipietario, que se é unha herencia repartida…” explica.

Convenio con Medio Rural, Seaga e a FEGAMP

O Concello vaise adherir ao convenio que Medio Rural vén de asinar con SEAGA e a FEGAMP, para facilitar o desbroce de fincas que ben os propietarios non queren ou non poden coidar. Por un prezo, SEAGA faríase cargo do mantemento, e a Xunta comprometeuse a poñer uns cantos millóns de euros para facer unha realidade a lei.

Novas relacionadas

Comentarios