Ponteceso bótase aos Pinchos por Semana Santa
Seguimos descubrindo actividades arredor da Semana Santa, que como podemos comprobar na Axenda Costa da Morte, vén cargada. Xa sabemos como chegan as procesións e as Festas do Cristo de Fisterra. Xa botamos un ollo á Mostra do Encaixe é a III Mostra Víndemo Ver de Carnota. Hoxe imos ata Ponteceso, que apostan polos Pinchos para celebrar a data.
Así, a Asociación de Empresarios e o Concello poñen en marcha o III Concurso de Pinchos, nunha ruta de 8 bares nos que poderás degustar os mellores pinchos de balde ca túa consumición, e ademais, votar polos máis ricos.
Os establecimentos participantes serán a Casa Eiroa, Bar Estanco Rosalía, Faldra Folk, Cafetería Madison, Abeiro, Bar O Cruce, Restaurante A Pesqueira e o Royale Tym.
Exposición
O Centro Cultural en Ponteceso acolle dende o 4 ao 20 de abril a exposición sobre arte gráfico do VII Premio Jesús Núñez. Poderás vela de luns a vernes de 09.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h.
Semana Santa 2014
- Os fisterráns preparan a súa Semana Santa.
- A Panorama volverá estar nas Festas do Cristo de Fisterra.
- A Mostra do Encaixe 2014 xa ten cartel.
- Carnota abre as portas por Semana Santa ca III Mostra Víndemo Ver.
- Corcubión baila a ritmo de Cumbia por Semana Santa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).