Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ponteceso expón o Prestige

Ponteceso expón o Prestige

Neste 10º aniversario do fatídico suceso, o Centro Cultural en Ponteceso acolle durante o mes de febreiro a exposición "Prestige: Crónica negra dun modelo enerxético insostible".

A exposición fala en clave de catástrofe ambiental, e lembra que o petroleiro Prestige, o 19 de novembro do 2002 tinxiu de negro 2.900 km de costa de varios países. O seu impacto no medio natural e socioecómico, como nos cuantificaba Lorena Martínez Canosa, foi evidente, afectando a máis de 250.000 aves e obrigando a cesar na súa actividade pesqueira a máis de 30.000 persoas.

Este tráxico suceso conmocionou á sociedade que reaccionou con valores como a solidariedade, a participación e a reatividade. Os voluntarios, os mariñeiros e a plataforma Nunca Máis entre outros, foron os protagonistas que traballaron para restablecer a normalidade. CEIDA e a Fundación Territori e Paisatge queren divulgar nesta exposición todo o que pasou por aquelas datas, axudando a descubrir o que debemos aprender todos para que estes feitos non se volvan a repetir.

Tras varios anos desta traxedia, a exposición Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible pretende:

  • Dar a coñecer as consecuencias reais da catástrofe ambiental creada polo afundimento do Prestige.
  • Dar a coñecer as problemáticas do actual modelo enerxético que domina na nosa sociedade.
  • Estimular a reflexión sobre os nosos patróns de consumo enerxético.
  • Potenciar á participación social na demanda dun novo modelo enerxético máis sostible ambientalmente.

Características da exposición

  • 15 paneis (2.2 MB) 100 cm ancho x 200 cm alto con soportes propios.
  • Maqueta dun petroleiro, con cortes transversais de casco simple dobre (103x103x100 cm). Información sobre barcos de dobre casco.
  • Módulo sobre as aves mariñas afectadas (50x70x35 cm). Información sobre as principais aves afectadas.
  • Reprodución a escala dun barril de petróleo Información sobre o barril de petróleo.
  • Audiovisual “A crónica da traxedia” Duración. 9 minutos.
  • Maleta con 11 publicacións (3 MB).
  • Trípticos da exposición.

A raíz desta exposición realizouse unha publicación impresa e unha dixital. O horario de visita é de luns a venres, de 9 a 13 e de 16 a 20 h.

Novas relacionadas

Outras novas

Comentarios