Ponteceso expón o Prestige


Neste 10º aniversario do fatídico suceso, o Centro Cultural en Ponteceso acolle durante o mes de febreiro a exposición "Prestige: Crónica negra dun modelo enerxético insostible".
A exposición fala en clave de catástrofe ambiental, e lembra que o petroleiro Prestige, o 19 de novembro do 2002 tinxiu de negro 2.900 km de costa de varios países. O seu impacto no medio natural e socioecómico, como nos cuantificaba Lorena Martínez Canosa, foi evidente, afectando a máis de 250.000 aves e obrigando a cesar na súa actividade pesqueira a máis de 30.000 persoas.
Este tráxico suceso conmocionou á sociedade que reaccionou con valores como a solidariedade, a participación e a reatividade. Os voluntarios, os mariñeiros e a plataforma Nunca Máis entre outros, foron os protagonistas que traballaron para restablecer a normalidade. CEIDA e a Fundación Territori e Paisatge queren divulgar nesta exposición todo o que pasou por aquelas datas, axudando a descubrir o que debemos aprender todos para que estes feitos non se volvan a repetir.
Tras varios anos desta traxedia, a exposición Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible pretende:
- Dar a coñecer as consecuencias reais da catástrofe ambiental creada polo afundimento do Prestige.
- Dar a coñecer as problemáticas do actual modelo enerxético que domina na nosa sociedade.
- Estimular a reflexión sobre os nosos patróns de consumo enerxético.
- Potenciar á participación social na demanda dun novo modelo enerxético máis sostible ambientalmente.
Características da exposición
- 15 paneis (2.2 MB) 100 cm ancho x 200 cm alto con soportes propios.
- Maqueta dun petroleiro, con cortes transversais de casco simple dobre (103x103x100 cm). Información sobre barcos de dobre casco.
- Módulo sobre as aves mariñas afectadas (50x70x35 cm). Información sobre as principais aves afectadas.
- Reprodución a escala dun barril de petróleo Información sobre o barril de petróleo.
- Audiovisual “A crónica da traxedia” Duración. 9 minutos.
- Maleta con 11 publicacións (3 MB).
- Trípticos da exposición.
A raíz desta exposición realizouse unha publicación impresa e unha dixital. O horario de visita é de luns a venres, de 9 a 13 e de 16 a 20 h.
Novas relacionadas
- Galicia en color, en marcha a homenaxe necesaria aos voluntarios do Prestige.
- Onde quedaron as axudas do Prestige?.
- Artigos medioambientais de Lorena Martínez Canosa: As cifras do Prestige.
- Unha nova mancha negra en forma de novela.
- Tempo de ir ás crebas: Chapapote no Rostro.
- Artellando unha homenaxe aos Voluntarios do Prestige que cambiaron a Costa.
Outras novas
- Os Vídeos naturais de Francisco Santiago López.
- Concello de Ponteceso.