Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Ponteceso identifica as parcelas que non cumpren coa normativa da xestión de biomasa

  • As persoas titulares tiñan ata o 31 de maio para realizar o desbroce
Identificación de fincas Ponteceso
Identificando parcelas en Ponteceso
Ponteceso identifica as parcelas que non cumpren coa normativa da xestión de biomasa

O Concello de Ponteceso comezou a enviar as notificacións aos propietarios das parcelas nas que tanto o GES como o departamento de medio ambiente detectaron o incumprimento da normativa de xestión da biomasa para a prevención de incendios forestais cerca de vías de comunicación e núcleos habitados, tal e como recolle a lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

Ata o momento, identificáronse case a totalidade dos terreos afectados das parroquias de Pazos, Tallo, Anllóns e Tella, e posteriormente continuaranse nas demais parroquias do municipio.

As persoas titulares tiñan ata o 31 de maio para realizar o desbroce. A partir de agora, en caso de que non estea desbrozado, solicitarase de novo ás persoas que non cumpriran para que o realicen nun prazo máximo de 15 días naturais.
 

Máis novas

Comentarios