Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carnota, escollida un ano máis pola Xunta como concello piloto para a xestión da biomasa

Xestion forestal biomasa Carnota_2023
Visita da Consellería a Carnota esta mañá
Carnota, escollida un ano máis pola Xunta como concello piloto para a xestión da biomasa

Como aconteceu no 2021, o Concello de Carnota foi escollido pola Consellería de Medio Rural para acoller o proxecto piloto na provincia de xestión directa da biomasa das faixas secundarias. Esa lei que, ao abeiro do convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga, intenta manter limpas as zonas forestais preto dos núcleos de poboación como medida de prevención antiicendios.

O conselleiro do Medio Rural, José González lembrou na visita a Carnota acompañado do alcalde en Juan Manuel Saborido “Moma”, que o principal obxectivo do convenio é apoiar os particulares e os municipios no seu cumprimento da normativa sobre prevención de incendios.

No caso de Carnota, as franxas secundarias comprenden unha superficie de preto de 377 hectáreas preto das casas, distribuídas en algo máis de 9.600 parcelas, e engadiu que preto de 46 hectáreas xa foron contratadas a Seaga para a súa adecuada xestión.

Ademais, neste municipio tamén se está traballando nun Perímetro de Alto Risco de Incendios (PARI), unha figura que ten por obxecto anticiparse aos lumes forestais adecuando as infraestruturas preventivas e a rede de faixas de xestión de biomasa situadas preto das vivendas. Así, estanse levando a cabo actuacións preventivas en case 12 hectáreas e 10 quilómetros de superficie onde o estado de abandono significa un alto risco de propagación de incendios forestais.

Comentarios