Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A Croa de Camariñas reflexiona cunhas completas xornadas sobre o futuro dos nosos montes

Xornadas Forestais A Croa Camarinas
A Croa de Camariñas reflexiona cunhas completas xornadas sobre o futuro dos nosos montes

A Asociación de Propietarios Forestais A Croa de Camariñas organiza unhas completísimas xornadas formativas sobre o “presente o futuro dos nosos montes”. Co obxectivo de dar información sobre as posibilidades existentes para facer rendibles os nosos montes, as xornadas queren amosar os novos retos e oportunidades que se nos ofrecen máis alá do eucalitpo.

Para iso, realizara unha serie de charlas e actividades. Arrincan este venres 5 de xullo, ás 17:00h na Casa de Pedra, conha charla sobre A Caramiña na praia do Trece, da man de Mateo Pasantes Campaña, enxeñeiro forestal da vila, e socio da Croa, nunha charla presentada por Ángela María Pérez.

O segundo será o técnido de desenvolvemento rural da Fundación Juana de Vega, o costeiro Daniel Canosa Blanco, que falará o venres 2 de agosto sobre a valorización e o financiamento de proxectos forestais. Será presentada por Carmen Alvite.

A terceira cita será o venres 23 de agosto, presentada por Chus Castro, e con Xosé Luís Chan, director Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería de Medio Rural, que falará dos montes comunais.

O venres 30 de agosto será o catedrático e ex parlamentario Ricardo García Mira o que, da man de Daniel Canosa Blanco, fale da dimensón social dos incendios forestais.

As xornadas vivirán o seu peche o sábado 14 de setembro, cunha xornada festiva con produtos estrela de Camariñas (peixe e algas), nun acto presentado por Marcial Mouzo.

Máis novas

Comentarios