Luns. 01.06.2020
El tiempo

Ponteceso lembra a obrigatoriedade de manter limpas as fincas para previr os incendios

Ponteceso lembra a obrigatoriedade de manter limpas as fincas para previr os incendios

Estado de alarma, pero o lume non atende a virus. Así o entende dende o Concello de Ponteceso, un dos poucos concellodas da comarca, xunto ao de Camariñas, que se está a tomar en serio de toda a comarca a prevención contra os incendios, facendo cumplir esa norma que ata o mesmo Feijoo chegou a recoñecer que non cumpría. Unha norma vital para o mantemento dos nosos bosques que a Xunta debería tomar moito máis en serio, cambiando un modelo de extinción privatizada por un de prevención púbica.

O Concello pontecesán vén de informar a veciñanza de que se ben a Consellería do Medio Rural modificou as normas para a xestión da biomasa nas faixas secundarias, si mantén a obrigatoriedade dada a importancia de previr os incendios forestais.

O aspectos máis salientables da resolución son:

  • 1. O prazo para executar os traballos ampliase ata o 16 de xullo de 2020.
  • 2. Para os desprazamentos será preciso levar unha declaración responsable que inclúa as leiras nas que se van realizar os traballos, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral; ademais dos apeiros precisos.

Campaña de aceite

Así mesmo, o Concello informa de que o luns arrinca unha nova campaña de recollida a domicilio de aceites usados de cociña. Os máis de 2.000 envases repartidos polas vivendas, deberán depositarse no exterior das vivendas, en lugares visibles e accesibles

A campaña desenvolverase ata o 1 de xuño, persoal debidamente uniformado e en vehículos rotulados, procederá á retirada dos recipientes para baleirar. As persoas interesadas en obter máis información ou formar parte da campaña poden chamar ao teléfono 639 920 936. Nesta ligazón tendes o plan de recollida por lugares.

Novas relacionadas

comentarios