Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ponteceso prepara un Nadal contra o cambio climático

Ponteceso prepara un Nadal contra o cambio climático

Unha das actividades para este Nadal en Ponteceso será achegarse á nova exposición sobre "O cambio climático. O noso mundo, o noso futuro a nosa opción". Este mesmo luns 5 de decembro é inagurada no Centro Cultural en Ponteceso ás 11.00h pola Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteceso, Beatriz Martínez Fernández.
Trátase dunha exposición cedida polo Centro de Divulgación Ambiental (CEIDA), baseada no proxecto CLARITY ­"Acción Educativa por el Clima­". E ten como principal finalidade amosar o problema  do cambio climático e dar a coñecer as medidas que permiten combatilo dunha forma lúdico­didáctica.  Os máis importantes, os nosos pequenos, que a concienciación sexa real e efectiva.

A exposición estará no centro cultural en Ponteceso de luns a venres de 9 a 13.00h e de 16.00h a 20.00h. A exposición estará aberta ata o 9 de xaneiro, día no que cambiará para acoller outra exposición ata o 9 de febreiro outra sobre espazos mariños protexidos.

Moito máis nadal

Pero hai moitas máis cousas para este Nadal en Ponteceso. Primeiro o programa de conciliación da vida laboral e familiar que aguantará durante varias horas do día dos nosos nenos.

Pero hai moitas máis cousas:

  • Campaña de prevención do VIH: o 1 de decembro repartirase información e material sobre esta temática (folletos e preservativos) nos diferentes centros municipais e no IES.
  • Nos cursos de informática que se están levando a cabo nas aulas municipais de Corme e Ponteceso traballarase transversalmente a temática do Nadal.
  • Concerto didáctico de Nadal: o 7 de decembro, ofrecido polo grupo Palitroque, dirixido ao alumnado de infantil e primaria de tódolos colexios do concello.
  • Conferencia-Exposición dixital sobre a cabotaxe na Costa da Morte no século XX: o mércores 7 de decembro ás 19:00 h na Casa do Mar de Corme.
  • Maxia: o 9 de decembro ás 19:30 horas, no local da A.C. Monte Branco, Cayetano Lledó asombraranos e faranos rir coa súa maxia.
  • XV Certame de Corais: celebrarase o 17 de decembro no Centro Cultural coa participación das corais do concello e unha coral convidada de Oleiros.
  • Cine de Nadal: proxectaranse dúas películas, o 30 de decembro no pavillón municipal de Corme e o 4 de xaneiro no Centro Cultural de Ponteceso, ámbalas dúas ás 18:00 h e dirixidas a tódolos públicos.
  • Visita do Carteiro Real nos colexios: o día 21 visitará o CRA e o 22 ás Forcadas, á Gardería Galiña Azul e ao Pondal para recoller as Cartas en galego aos Reis Magos que se lles facilitaron desde o Departamento de normalización lingüística.
  • Cabalgata dos Reis Magos: o 5 de xaneiro pola tarde en Ponteceso e con chegada ao Centro Cultural.
  • Programa deportivo:

  • Xornadas de Basket “Costa Bergantiñá”: o 26 e 27 de decembro, de 10:00 a 13:30 horas, os/as nenos/as inscritos/as na Escola Deportiva Municipal de Baloncesto viaxarán a Malpica para competir.
  • Torneo Prebenxamín de Fútbol Sala “Costa Bergantiñá”: o 28 de decembro, de 10:00 a 13:30 horas, visitarannos en Ponteceso os demais concellos de Costa Bergantiñá para competir por gañar este torneo.
  • Torneo de Tenis de Mesa: celebrado en Cabana o 29 de decembro, de 10:00 a 13:30 horas, e competindo todos/as os/as inscritos/as na EDM de Deportes de Raquetas.
  • A Copa do Mundo de Fútbol. O 3 de decembro estará en Ponteceso e o 6 de decembro estará en Corme.
  • Novas relacionadas

  • Corcubión e Ponteceso concilian o Nadal.
  • As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero.
  • Ponteceso traballa pola tolerancia, a música e a tecnoloxía.
  • Fonte

    • Concello de Ponteceso.

    Comentarios