Ponteceso será o 4º Concello da provincia con Sede Electrónica
O pasado mes de xullo a Xunta anunciaba que 8 Concello da Costa da Morte e outros 47 da provincia da Coruña, terán en breve Sede Electrónica. Un anuncio que sempre vai por diante das expectativas, e a día de hoxe, 5 meses despois, apenas 3 concellos da provincia (Mugardos, Abegondo, Arteixo) o teñen en marcha. O 4º será da Costa da Morte.
I é que o Concello de Ponteceso en breve terá en funcionamento ese necesario servizo, que supón unha apertura de portas do Concello a través da rede. "O pleno do ordinario do vindeiro luns dará luz verde a ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello de Ponteceso", asegúranos o responsable de comunicación e gran valedor da instalación, Óscar Rey Calo. De feito, coméntanos que "a máis tardar, en febreiro de 2013 tería que estar en funcionamento".
Esta ferramenta permite que "os cidadáns terán o concello en casa e aberto as 24 horas do día e os 365 días do ano e a administración será máis áxil, transparente, ordeada, eficaz e eficiente”. Así, xentes que traballen fóra, ou en horario de oficina, e que precisen calquera documento como unha certificación de empadronamento, poderao facer en calquera momento e dende a súa casa.
Deste xeito, a través do portal electrónico sede.ponteceso.es (neste momento aínda non é accesible), e cun certificado electrónico, como o dni electrónico e firma dixital, poderanse iniciar procedementos administrativos co Concello, expedir un certificado de empadronamento e outras xestións que tamén se irán incorporando.
"É un novo concepto de administración, que permitirá ao cidadán non ter que desplazarse a sede física municipal para realizar diversas xestións, que poderá facer con facilidade, axilidade e rapidez, e sen horarios", explica Óscar.
Pasos dados e por dar
O propio Óscar cóntanos os procedementos:
A ordenanza que regula todo o funcionamento da administración electrónica no noso Concello. Ponteceso leva traballando tres anos coa Diputación Provincial da Coruña co obxectivo de implantar a administración no Concello.
Unha primeira parte consistíu en integrar varios procedementos: rexistro de entrada, licenzas de obra maior e menor, licencias de actividade, inscrición nas escolas culturais e deportivas, expedición de certificados electrónicos como o certificado de padrón ou un certificado urbanístico.
Unha vez implantado de interiormente estes procedementos, abrimos a porta ao cidadán. De feito este luns darase vía libre á creación da sede electrónica do Concello de Ponteceso a través da dirección web sede.ponteceso.es (neste momento aínda non é accesible).
Consideramos que a máis tardar, en febreiro de 2013 tería que estar en funcionamento, afirman Rey Calo.
Novas relacionadas
- 12-07-12: 8 Concello da Costa da Morte terán Sede Electrónica.
- A democracia dixital nace con semente da Costa.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).