Ponteceso ten unha escola de judo para presumir
08:00 03/06/14
Unha escola municipal de judo para presumir! Así o demostraron os peques de Ponteceso na 26ª Trofeo Miguelito, que se celebrou esta pasada fin de semana na Coruña. Un torneo mítico, que contou con 90 cativos das escolas de Ponteceso, que competiron con centos de cativos de toda Galicia.
Campamento de Verán
Ademais, recordamos que xa está aberto o prazo para iscribirse no campamento de verán en Viana do Bolo. Do 3 ao 10 de agosto. O Concello de Ponteceso oferta este campamento para nen@s de 7 a 13 anos (nacidos entre 2001 ao 2007). Ofértanse 35 prazas que serán asignadas mediante sorteo público perante a Secretaria. Inscricións ata o 9 de xuño na Oficina Municipal en Corme ou Departamento de Deportes do Concello.
Fonte
- Concello de Ponteceso.