Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Portos inviste en Corme uns 10.000 euros para reparar os danos do temporal

Portos inviste en Corme uns 10.000 euros para reparar os danos do temporal
A patroa maior de Corme, Carmen Suárez, acompañou ao presidente de Portos durante a súa visita á vila A patroa maior de Corme, Carmen Suárez, acompañou ao presidente de Portos durante a súa visita á vila O último temporal de mar que azotou á Costa da Morte a principios do pasado mes de febreiro deixou danos en varias vilas costeiras. Unha das máis afectadas foi Corme, onde as ondas destrozaron parte dos pantaláns nos que atracan as embarcacións. Para comprobar de primeira man os efectos do temporal, achegouse onte ata a zona o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, acompañado por técnicos deste ente dependente da Consellería do Mar. Unha vez alí, Durán comprometeu ao ente público a executar as reparacións dos danos producidos o antes posible e cando as condicións climatolóxicas o permitan. Segundo primeiras estimacións, o custo dos danos producidos é de arredor de 10.000 euros. Quedan por comprobar as zonas somerxidas que serán inspeccionadas por mergulladores cando as condicións do mar o permitan. Durante a visita, o presidente de Portos estivo acompañado pola patroa maior, Carmen Suárez, que lle trasladou demandas relacionadas co porto como a instalación dunha canaleta, con foso e separador na zona de varada e guindastre para recollida de augas e residuos e tamén a pavimentación da superficie do vial de entrada ao porto, diante da lonxa. Estas peticións serán avaliadas e analizadas polos servizos técnicos de Portos de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios