Venres. 05.03.2021
El tiempo

O PP de Ponteceso insiste: “Apoiaremos o POS se Carballido abandona a alcaldía e nos deixa traballar”

Daniel Garcia Cotelo voceiro do PP de Ponteceso
No centro o voceiro do PP pontecesán
O PP de Ponteceso insiste: “Apoiaremos o POS se Carballido abandona a alcaldía e nos deixa traballar”

Esta fin de semana o alcalde de Ponteceso, Lois Carballido, aseguraba que ía intentar salvar os 750.000 do POS da Deputación a través dunha enmenda e unha negociación in extremis cos grupos de APIN e PP. En todo caso, semella unha estratexia complicada salvar o único Plan de Obras e Servizos que se pode perder en toda a comarca, vendo a taxante posición da oposición.

Daniel García Cotelo, voceiro do PP xa deixaba clara a semana pasada a súa postura sobre o polémico pleno ”nós non nos opuxemos ao POS, o alcalde enganounos a todos”.

Hoxe, Cotelo explica que se ben non está disposto a negociar con Carballido, si que se “compromete a presentar un paquete de obras que contaría co respaldo unánime da corporación, que respondería ás necesidades de todas as parroquias e que se executarían en prazo. Pero iso si, no mesmo pleno que se aprobe esa actuación ten que confirmarse a dimisión do alcalde”, puntualiza García Cotelo, que considera que “unha persoa que se quedou sen apoios, que botou a cinco dos seus concelleiros do goberno, que mentiu, que manipulou videos gravados na alcaldía e que prexudicou aos veciños de Ponteceso desde que accedeu ao goberno non pode seguir máis á fronte do goberno local”.

Valora Cotelo que “o PSOE provincial chega tarde”, que “esta negociación tiña que terse realizado moito antes, sen esperar a que expirara o prazo de presentación de actuacións ante a Diputación. Xa non nos engana... isto é unha manobra máis do alcalde para responsabilizar a outros da súa falta de xestión”, matiza, e insiste en que “en ningún momento buscou o apoio da corporación, e un goberno de 3 persoas con 10 na oposición está obrigado a facelo”.

Non quere esquecer García Cotelo que “Carballido aínda ten sen executar o POS do ano pasado”.

Novas relacionadas

comentarios