xoves. 16.10.2025
El tiempo

Proxectan a creación dun auditorio ao aire libre en Balarés

Chiringuito de Balares pechado
Chiringuito de Balares pechado
Proxectan a creación dun auditorio ao aire libre en Balarés

Mentres deberían estar en marcha as obras de acodicionamentodo chiringuito para poder licitalo de novo de cara ao vindeiro verán (tras pasar un verán pechado por disputas políticas) a Deputación da Coruña e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) vén de asinar un convenio de colaboración para a convocatoria dun concurso de proxectos de arquitectura destinado a promover unha intervención singular na praia de Balarés, en Ponteceso (en paralelo a outra no Pazo de Arenaza, en Oleiros).

O convenio permitirá convocar un concurso para a construción dun auditorio ao aire libre e a mellora da contorna da cafetería da praia de Balarés. A iniciativa pretende integrar a arquitectura coa paisaxe natural, creando un novo espazo cultural e social para concertos e actividades ao aire libre que dinamice o turismo e a vida comunitaria da comarca de Bergantiños.

Os concursos repartirán premios económicos que suman máis de 20.000 euros e suporán a contratación dos equipos gañadores para a redacción dos proxectos de execución e, no seu caso, a dirección de obra. O orzamento de execución material previsto ascende a 150.000 euros para o auditorio de Balarés.

Máis novas

Comentarios