Mourelle da Rúa na gran pantalla
09:11 05/01/11
Segue traspasando fronteiras aquel navegante cormelán, que no século XVIII chegou a Alaska e descubriu illas no Pacífico. Mourelle da Rúa, que hai pouco recibía unha bonita homenaxe en Corme, será protagonista dunha película. Película que está a ser creada no proxecto dos museos científicos coruñeses OceanoSfera, e se será proxectada no Cine esférico da sala Maremagnum.