Remata o Outono Pondaliano lamentando a morte de Francisco Fernández del Riego

07:17 29/11/10
Este martes día 30 pechará as súas portas o Outono Pondaliano que se veu realizando en xornada completa durante todos os martes deste mes de novembro. Un peche que vén salpicado pola morte dun escritor moi vencellado á historia do bardo pontecesán.
Á cita de clausura está previsto que acuda o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, quen, acompañado do presidente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé Luís Fondo Aguiar, a concelleira de Cultura, Susana Cousillas Sánchez, e os patróns da Fundación, Luís Giadás e Xosé María Varela realizarán no salón de actos da Fundación ás 19.30 h a entrega de diplomas ós asistentes a XIV Simposio Pondaliano.
A xornada dará comezo pola mañá co obradoiro e a representación teatral Mensaxe sen botella a cargo de Caramuxo Teatro. A esta actividade acudirán 150 alumnos dos colexios das Forcadas de Corme e do Eduardo Pondal de Ponteceso. Por motivos de espazo, houbo que trasladala para o salón de actos novo da Casa dos Veciños.
Pola tarde a cita será múltiple. A partir das 15.00 h, Luís Giadás desenvolverá a súa última saída da Aula Viaxeira Pondaliana que baixo o título de «Percorrido didáctico pola Toponimia de Ponteceso». Nesta ocasión os asistentes será o alumnado de 4º e 5º de Primaria do CEIP As Forcadas. Ás 16.00 h., o escritor e académico Darío Xohán Cabana Yáñez manterá un contronco co alumnado de 4º de ESO do Instituto de Ponteceso para a continuación, ás 18.00 intervir por segunda vez no Simposio Pondaliano. En ambas intervención, Cabana falará ó alumnado e profesorado da poesía galega desde Eduardo Pondal a Uxío Novoneyra. Destacar que Darío é un dos mellores coñecedores da vida e obra de Uxío Novoneyra.
Tras a intervención de Cabana Yáñez terá lugar o acto de entrega de diplomas. Como peche definitivo, a compañía Fantoches Baj escenificará «Asombro (poesía, música e vídeo arredor de Uxío Novoneyra)»
Ás 21.00 h, pecharanse as portas deste Outono Pondaliano no que ademais de sesións formativas e divulgativas de música tradicional, danza moderna, teatro, literatura houbo unha exposición bibliográfica a cargo de A Tenda dos Libros e outra de cestería a cargo de Lola Tourón titulada «Do Courel ó Monte Branco».
A Fundación Eduardo Pondal quere expresar publicamente as súas condolecias pola morte do galeguista Francisco Fernández del Riego dado que este foi un autor moi ligado á figura de Eduardo Pondal e Monte Branco en particular.
A Fundación fainos saber que Fernández del Riego foi un dos conferenciantes dos Simposios Pondalianos durante as súas primeiras edicións cando estes se celebraban no salón de actos da Casa dos Veciños da A.C. Monte Branco. Por outra banda, del Riego sempre se mostrou un gran admirador de Eduardo Pondal. Ó bardo dedicoulle moitos artigos de prensa, Ademais, é autor do libro Con Eduardo Pondal en Bergantiños publicado por Ediciós do Castro.
Para rematar, informannos que Francisco Fernández del Riego foi a última persoa que recibiu o busto pondaliano con que a Fundación E. Pondal agasalla “ós bos e xenerosos”. Para a súa entrega, dado o delicado estado de saúde, a directiva da Fundación Eduardo Pondal desprazouse a Vigo e realizoulle a entrega do busto pondaliano na propia casa do galeguista.
Co falecemento de Del Riego, son varios os escritores falecidos que mantiveron vínculo con Monte Branco ou a Fundación Eduardo Pondal. Citamos a Uxío Novoneyra, Manuel María, Anisia Miranda, Xosé AgrO martes 30 conclúe no Couto o Outono Pondaliano
A Fundación Eduardo Pondal expresa as súas condolencias polo falecemento do galeguista Francisco Fernández del Riego

Novas relacionadas
- Pondal vibraría se ollase o programa cultural de outono que prepara a AVV Monte Branco.
- Recuperando a “Comarca natural de Bergantiños” de Salvador Parga Pondal.
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal.
- Fotografía da Real Academia Galega.