Rescatan unha muller que caeu ao mar en Corme

16:12 04/05/21
Esta mañá Corme viviu un suceso que alertou á veciñanza. Eran as 12:20h cando unha persoa berraba "auxilio" cando ía polo paseo ao ver unha muller septuaxenaria que caera ao mar.
De contado, dende o Centro de Saúde, xusto enriba do lugar dos feitos, chamaban ao 112 que facía unha chamamento á Protección Civil, Policía Local e GES así como ao Helicóptero do 061 e unha lancha da Cruz Vermella.
Os medios conseguían rescatar á muller e a trasladaban de contado ao propio Centro de Saúde, e despois foi trasladada ao CHUAC no helicóptero medicalizado.