Venres. 19.04.2024
El tiempo

Susa da Chasca segue viva en Ponteceso

Susa da Chasca segue viva en Ponteceso

Non esquece o Concello de Ponteceso a Susa da Chasca. De feito, en marcha está a Escola Municipal para a Terceira Idade, que leva o nome da parteira máis coñecida da Costa da Morte e que pasa por ser unha das personalidades máis destacadas da historia do Concello pontecesán, como votaron no seu día os lectores de QPC na Eleccións Histórica da Costa da Morte.

Pois esta semana, celebrouse a primeira aula da Escola Susa da Chasca no Centro Cultural de Ponteceso. E o fixo coa actividade "Súbete ao carro". O alumnado está formado por trinta persoas que recibirán nesta primeira actividade, ata nadal, formación relacionada con novas tecnoloxías, coidado persoal, saúde, estimulación da memoria, música e baile, viaxarán pola nosa xeografía para coñecer a nosa historia e tracións, etc.

No acto de inaguración participou o Concelleiro de Servizos Sociais, Óscar M. Rey Calo, xunto coas traballadoras sociais do Concello.

A Escola realizará outras actividades a partires de nadal en distintos puntos do Concello.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso.

Comentarios