Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Suso Lista presenta "Como a roda no muíño": "É unha novela bastante ghamberra"

Suso Lista coa novela Como a roda do muino copia
Suso Lista coa novela "Como a roda no muíño"
Suso Lista presenta "Como a roda no muíño": "É unha novela bastante ghamberra"

Xa está nas librarías a nova novela de Suso Lista. O polifacético cormelán presenta “Como a roda no muíño” (edicións Embora), unha novela con “moito humor, bastante gamberra, e moi crítica, que non vai deixar a xente indiferente”, segundo el mesmo nos conta.

Leva 4 anos inmerso neste proxecto (2 de escritura e 2 de revisións), despois de rematar a súa triloxía de relatos curtos. “Cando rematei Charamuscas, pasei un tempo sen escribir, así en serio, pero un día abríu unha libreta que tiña por casa e atopei uns boquexos dun guión dunha serie que queríamos facer hai 7 anos, bastantes simpáticos. En base a ese guión, (eu vou do revés, en vez de facer a novela e despois a película, fago a novela despois da película) collín un deses personaxes, un galego nado en Suiza, e o trouxen ata casa”, explica.

”A novela empeza dende que vive en Suiza e decide vir á terra dos seus pais. Dende que sae de alí ata que chega ata aquí, facendo o Camiño francés, sucédenlle unha serie de desventuras moi romcabolescas, moi berlangianas. Ese mundo do esperpento é moi galego, moi valleinclaniano, é moi noso e sempre me levou idea”, recoñece. “Unha vez que chega aquí, se desenvolve a maior parte da trama, pero non vou contar máis”.

Aconsella poñer as cancións cando van saíndo, porque hai moita música e moita gastronomía poñendo un pouco de cordura ao surrealismo dominante. Matiza, iso si, que ”é un libro de antes da pandemia, un mundo que xa rematou”.

En todo caso, “se a xente o pasa tan ben como eu escribindo, xa firmo”, valora o cormelán, que aínda onte debullaba a historia do Almirante Mourelle en TraskiTV.

Suso Lista

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios