Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un certame de pintura nacional dende Ponteceso que une artistas e espalla cultura

Un certame de pintura nacional dende Ponteceso que une artistas e espalla cultura

Non para a Fundación Eduardo Pondal e xa está cunha nova e pioneira actividade. O Certame de Pintura ó Aire Libre Álvarez de Sotomayor chega con forza e, de feito, xa adquiríu carácter estatal, se divulga a través dunhas das páxinas máis importante de toda España: deconcursos.com.

A cita terá lugar o sábado 14 de xullo e se presenta como "unha magnífica oportunidade emparellar os dous artistas namorados deste anaco da Costa da Morte, como son Fernando Álvarez de Sotomayor pintou a xentes e paisaxes coa súa minuciosa e colorista pincelada e Eduardo González Pondal Abente poetizou esas mesmas xentes e paisaxes coa pluma da aguda observación".
Ademais o redescubrimento artístico desta terra pode contribuír a potenciar o seu sector turístico, ao espallar o coñecemento de este curruncho costeiro a pintores de todos os puntos de España".

O certame terá por localizacións diversas paraxes significativas na obra pondaliana (o Monte Branco, o cabo Roncudo, etc.) no seu concello natal: Ponteceso. Nunha palabra: se Álvarez de Sotomayor é o narrador das imaxes bergantiñás, Eduardo Pondal é o pintor dos seus topónimos.

Participación no 50 aniversario das Letras Galegas

Ademais, unha nutrida representación da Fundación Eduardo Pondal participará, durante a mañá deste sábado 16 de xuño, nos actos cos que a Real Academia Galega e o Concello da Coruña conmemorarán o cumprimento do 50 aniversario da celebración do Día das Letras Galegas.

O alcalde de Ponteceso e, á súa vez, presidente da Fundación E. Pondal, fará unha lectura pública, mentres que a xuventude da Fundación realizará unha sementeira de arume nun anaco da praza de María Pita. Recordar que o arume é un símbolo poético pondaliano. Simboliza as cordas dunha arpa.

Todos eles tamén estarán acompañados dunha representación do padroado deste colectivo pontecesán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal da man de Xosé Manuel Varela Varela.

Comentarios