Martes. 19.03.2024
El tiempo

Remedios Varo, pintura surrealista para o xuño da Galería Mulleres

Remedios Varo, pintura surrealista para o xuño da Galería Mulleres

Continúa a Bibliiteca da Muller recuperando a historia de mulleres que cambiaron o mundo a través deste proxecto da Galería Mulleres. E hoxe falamos dunha pintora, Remedios Varo (Anglés, España, 1908 - México, 1963).

Creadora dunha orixinal, fascinante, enigmática e pouco coñecida obra, grazas á cal, 37 anos logo da súa morte, o Museo Nacional de Mulleres Artistas en Washington, D. C. (único museo no mundo dedicado ás obras de arte creadas por mulleres) exhibiu unha extraordinaria retrospectiva da súa pintura, valorando así o nome e a arte de “unha das pintoras máis importantes do século pasado”.

Desde moi pequena aprendeu a utilizar os instrumentos do seu pai, enxeñeiro hidráulico, dando mostras do seu dominio na perspectiva e o debuxo. Estudou na Academia de San Fernando de Madrid ingresando aos 15 anos (1924), converténdose así nunha das primeiras mulleres estudantes.
De profundo espírito pacifista, opta polo lado republicano e móstrase sempre como unha muller comprometida coa liberdade. Foi unha muller marcada polas guerras e o xenio artístico. Vive en París e en Mexico, onde fai á súa primeira gran exposición e mantén relación con artistas importantes.

Pertenceu ao círculo surrealista e ao lóxicofobista, e aínda que ningunha muller foi posta na lista oficial de membros do movemento surrealista, ela era unha artista de estatura importante. Fai unha pintura que explora a fantasía, a muller con poderes ligados á natureza, a alquimia… Remedios rexeitaba a representación da muller imposta polos homes do movemento surrealista, porque a representaban como un obxecto de desexo dos homes.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios