Un libro de Ramón García Filgueira recolle a historia das embarcacións de cabotaxe na Costa da Morte
          
    08:11 14/06/17 
            
A editorial de Ponteceso Plan B Editora acaba de sacar do prelo unha publicación na que se recolle a historia das embarcacións de cabotaxe da Costa da Morte.
O autor do libro é o cormelán Ramón García Filgueira, un mariño mercante xubilado que recuperou practicamente a historia da navegación acabotaxe de todo o norte do estado español. "Barcos de cabotaje del corazón de la Costa da Morte" recolle os barcos que durante os séculos XIX e XX foron propiedade dalgunha persoa desta zona.
O porto de Corme é o que congrega un maior número de embarcacións xa que tradicionalmente os armadores cormeláns fletaban este tipo de embarcacións, en moitos casos con destino a portos vascos pero tampouco era raro que chegaran até portos mediterraneos ou estranxeiros.
Nas case 200 páxinas do libro recóllese a historia de máis de 175 barcos, acompañada, na maioría dos casos de fotografías inéditas. Ésta é unha obra de referencia para todas as persoas interesadas na historia da navegación e na propia historia das vilas portuarias que desenvolveron comercio marítimo durante os séculos XIX e XX.
O libro ten un custe de 17,95€ e pode mercarse na propia editorial ou a través de Arnoia (distribución de libros e papelería).
Novas relacionadas
- Nace Plan B Editora, unha editorial na Costa da Morte
 - Música, flores, escultura, pintura e moita poesía polos 50 anos sen López Abente.
 - Un libro sobre o cambio social de Galicia que supuxo a marea negra.
 - Herdeiros pola forza: O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
 - As rúas da Costa da Morte que teñen nome de periodista.
 - Nace a Asociación de Medios en Galego coa presencia de QPC.
 - Lema Suárez estréase coa súa primeira novela de piratas “Costa do Solpor”.
 - Un libro sobre o cambio social de Galicia que supuxo a marea negra.
 - A Costa da Morte vístese con “Piel de salitre”.
 - Muxía e Xerais recuperan a Narrativa Mariña de López Abente.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).