Un venres cultural con teatro e jazz
09:15 23/08/11
O municipio de Ponteceso acollerá o vindeiro venres unha xornada do máis cultural, coa representación dunha obra de teatro na rúa e un concerto de jazz e folk.
Comezando polo teatro, a Praza do Relleno de Ponteceso acollerá o teatro que acheguen Os Sete Magníficos + 1, que representarán “Dous pallasos en apuros”.
E no que se refire á música, a Praza do Pan de Corme contará cun concerto de jazz e folk a cargo do grupo Volando Libre.
Ámbalas dúas citas están organizadas polo departamento de Cultura do Concello de Ponteceso.
Novas relacionadas
- Ponteceso acollerá o II Ponteaventura Raid.
- Outlet e Ruta do Mexillón en Ponteceso.
- Varios trocos na viaxe ás Cíes do Concello de Ponteceso.
- Ponteceso perdeu a capitalidade das noites de copas.
- A Xunta mellorará as zonas comerciais de Ponteceso e Malpica.
- A mocidade de Ponteceso irá ás Cíes co Concello.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Ponteceso.