Pouca resposta á interesante proposta que nos ofrecía onte, mércores 30 de nadal de 2009, o pobo de Corme. Unha cita coa historia, coa historia dos naufraxios. E para contárnola, un dos mellores especialistas de todo o país,
Fernando Patricio Cortizo. O cormelán
Suso Lista fixo de presentador de cerimonias.
Na mesa redonda, densenvolta pola tardiña tratáronse asuntos comos os
submariños polas nosas costas durante a1ª Guerra mundial; ou a música xerada a partir dos instrumentos chegados tras naufraxios coma os do Priam, Palermo e Ambaka. Outro tema obrigado foi o do
Culto aos mortos do mar, do que temos os últimos exemplos coas homenaxes rendida ao
Serpent e a que se fará este xaneiro ao
Bonito.
A necesidade dun verdadeiro Museo do Mar
Sen desemerecer a proposta do concello de Laxe, nin o museo do Castelo de San Carlos de Fisterra, os contgertulios preguntáronse
"como é posible que Galicia non haia un museo decente do Mar". Foron máis alá (ou acá), "como é posible que non haia na Costa da Morte un centro que recolla os tesouros recollidos no noso mar?". E aínda achicaron máis:
"Por que non ten Corme unha casa de Mourelle?".
Nas ondas da Radio Roncudo e radiONeria
Antes de pechar a noite co divertido concerto do grupo "El viejo caracol", Fernando Patricio (aquía á dereita) subíu ata os estudios da Radio Roncudo para levar por toda a Costa o seu saber a través das ondas da radio libre e da radio municipal de Corcubión. O programa que dirixe Suso Lista,
"O Embigho do fin do mundo", serviu para facer un repaso en directo do que aconteceu ao longo do día.
O especialista tivo tempo para explicar varios dos naufraxios históricos, quye máis gusta, como o da
Frota de Martín Padilla, a chamada
"2ª Armada Invencible" polo "enviado de Deus" Felipe II, cando marchaba en plena tempestade a invadir Inglaterra. Patricio Cortizo repasou os últimos achádegos que realizou o equipo de submarinistas dirixido polo arqueólogo
Miguel San Claudio a súa empresa
Arqueonauta. Entre as xoias, atoparon dúas rodas de canóns, ducias de moedas, lingotes... E o que queda por descubrir, afirmaba o entrevistado.
Patricio Cortizo afirmou que hai
15 buques afundidos entra as costas de Carnota, Fisterra e a Coruña, como o corrobora o último pecio atopado pertencente precisamente á frota de Padilla arredor do Monte de San Pedro da Coruña.
Tamén repasou varias batallas históricas, como
a Batalla de Rande, en outubro de 1702 , cando España estaba en loita contra media Europa. Outro dos detalles debatidos foron as artes de afundimentos da propia frota, para evitar que os buques e as armas caeran en mans do inimigo. Un dos máis recentes, tivo lugar ao remate da Guerra Mundial, cando os alemáns acabaron con todas as súas armas.
Exposición
Continúa aberta no Bar O Casino de Corme, a fantástica exposición de
Domingo Abad. Estará dispoñible ata o día de Reis.
Un pouco máis sobre Fernando Patricio Cortizo
Nado na Coruña, no 1972, é
técnico especialista en Cultivos Mariños e investigador de naufraxios. Actualmente é colaborador do xornal “La Voz de Galicia” na edición de Ferrol, da revista cultural “O Talieiro” de Malpica, e da TVG. Foi redactor da revista de mergullo “Espacio Submarino”.
A súa vida, intimamente vencellada ao mar desde o barrio de Monte Alto, transcorre entre mariñeiros e os mergulladores do Clube do Mar de San Amaro. Coa súa paixón pola pesca submariña descubriu os fondos galegos e os seus primeiros pecios. A afección pola historia e polos naufraxios levárono a escribir os libros “Manual do alumno de mergullo con tubo” (1999); e “Historia da costa galega e os seus naufraxios, s. XIX” (2000) e “Historia da costa galega e os seus naufraxios, s. XX” (Xerais 2004). Actualmente está a traballar nun libro sobre a traxedia do Prestige.