Unha exposición de redeiras viva


Achegarse a unha exposición sobre as redes e as redeiras é toda unha experiencia. Pero ademais a exposición está viva, a experiencia é doble. Así puideron disfrutar os alumnos do colexio Otero Pedraio da exposición "As redes o noso traballo" no Centro Cultural en Ponteceso.
Dúas redeiras, unha de Corme-Aldea e outra de Malpica, achegáronse a explicarlles e facerlles demostracións aos 67 rapaces que viñeron. E levaron un premio, nada menos que unhas pulseiras de fío de rede que lles fixeron as dúas redeiras.



Clausura do Curso de Informática para maiores
Ademais, a xornada de onte serviu para celebrar o acto de clausura do curso de iniciación á informática celebrado na Casa dos Veciños de Brantuas. Participaron 16 veciños e veciñas da parroquia.
Máis actividades
Hoxe, venres 20 de abril ás 11.00h, o Concello pontecesán fará entrega dos diplomas das escolas de informática en Corme e Ponteceso. Pola tarde ás 18.00h, no pavillón municipal de Agualada, os nenos e nenas das escola municipal de patín participan no Día do Patín.
Novas relacionadas
- Ponteceso expón a arte redeira.
- Unha expedición de gaitas vasca amenizaron a feira Ecoponte.
- A arte contemporánea xa ten o seu espazo na Costa da Morte.
- A Xunta segue perfilando a Guía da Saúde de percebeiras, redeiras e mariscadoras.
- A Xunta fíxase nas redeiras de Corme para facer unha guía de saúde do sector.
Fonte
- Concello de Ponteceso.