Sábado. 13.04.2024
El tiempo

Unha futura Escola Municipal de Danza en Ponteceso

Unha futura Escola Municipal de Danza en Ponteceso

Unha boa nova para o mundo cultural da Costa da Morte. O vindeiro mércores 30 de marzo ás 11.30h no pavillón municipal en Ponteceso levarase a cabo a presentación da futura Escola Municipal de Danza de Ponteceso.

O acto consistirá na exhibición de danza clásica e contemporánea por parte do Centro Coreográfico Galego, da man da súa directora, Mercedes Suárez. Acudirá ao acto o alumnado dos centros educativos do Concello de Ponteceso, en torno a 500 alumnos e alumnas.

A futura escola municipal de danza do Concello estará ubicado no xa desafectado antigo Centro da ESO, ubicado na zona escolar, e estará dirixida por membros do Centro Coreográfico Galego, dependente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, AGADIC.

Trátase dunha iniciativa moi novedosa na Costa da Morte xa que convertirá a Ponteceso nun xa dos centros de formación de danza existentes en Galicia.

Obradoiro teatral

A Editorial Tambre, a través do Servizo de Planificación Lingüística, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, seleccionou ao Concello de Ponteceso para realizar un obradoiro teatral, o día 30 de marzo, ás 10.00 horas, no CEIP Eduardo Pondal.
As persoas destinatarias son 90 nenas e nenos de 1º a 4º de primaria.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso e a Concellería de Cultura.

Comentarios