Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A veciñanza salvou o Esteiro do Anllóns do plástico

Exif_JPEG_420
A veciñanza salvou o Esteiro do Anllóns do plástico

Este pasado sábado, uns 25 voluntarios, veciños de Ponteceso e membros de Mar de Fábula, foron limpar a marabillosa zona do Esteiro do Anllóns e a praia da Barra, dúas Zonas de Especial Conservación nas que a administración nunca mete man.

O tempo acompañou dende primeira hora da mañá cun sol que non cesou. O punto de inicio escollido para facer esta ruta de limpeza de lixo mariño foi o Malecón. A través do sendeiro PRG-148 e das indicacións do técnico municipal Javier Couto, fixeron máis de 5 km de ida, enchendo as bolsas de lixo, e outros 5 de volta cargando os 30 sacos de 100 litros cheos de plásticos mediante unha gran cadea humana.

Descubriron no esteiro zonas cunha gran acumulación de bidóns e botellas de plástico agochados na xunqueira. A salientar, os numerosos refugallos do lixo-retrete e milleiros de anaquiños de espumas sintéticas, máis que nunca. A nota singular marcouna un mounstruoso conglomerado de poliuretano e botellas de plástico, detritos devoltos por un mar enfermo. Todo foi ao Punto Limpo do concello para o seu depósito e clasificación.

A entidade agradece a colaboración municipal.

Exif_JPEG_420Voluntariado de limpeza do Esteiro do AnllonsConglomerado de plasticosLimpeza da praia da Barra

Novas relacionadas

Comentarios