xoves. 14.11.2024
El tiempo

As escolas de Camelle e Laxe salvan o mar e crean arte coas crebas con Mar de Fábula

Mar de Fabula coas escolas  e as criaturas
As criaturas escolares cara a cara coas criaturas estrambóticas de Mar de Fábula na súa sede de Camelle
As escolas de Camelle e Laxe salvan o mar e crean arte coas crebas con Mar de Fábula

Xa está en marcha o programa de visitas escolares da Asociación Mar de Fábula. A primeira visita ao seu Centro de Actividades Ambientais foi pasado mércores, e os protagonistas, como non podía ser doutro xeito, foron os rapaciñ@s da Escola de Infantil e Primaria de Camelle.

Mar de Fabula coas escolas na praia de Camelle

Nunha mañá espléndida, como se este mes de xaneiro xa fora primavera, baixo a tutela da directora e a monitora de Mar de Fábula, os 13 cativiños e cativiñas desta escola unitaria, correndo dunha parte a outra, apañaron unha chea de refugallos plásticos, espallados todos ao longo da area deste libro de texto que é a praia de Camelle e que nos fala da contaminación do mar.

Estes rapaciños de Camelle, cunha media de 5 anos, activos, de mente rápida e desperta, están tan familiarizados co medio mariño dende o seu nacemento que, á hora de identificar as fontes do lixo, aprendemos máis deles que eles de nós. A destacar da infame colleita : 15 máscaras do covid, 21 botellas de plástico, 12 latas de bebidas, 6 kgs de chicotes, cabos e aparellos de pesca e moitísimos miniplásticos.
Logo, merendaron na area baixo un cálido sol de inverno. Repostas as forzas, seguiron o paseo cara ao local de Mar de Fábula para atender unha minicharla superparticipativa, levantando os brazos arreo para falar, para contar, para opinar. Logo seguiron un video sobre a formación das criaturas caóticas e, ao remate, ceibaron a súa imaxinación creativa manexando todos os anacos de lixo plástico almacenados no local.

Exif_JPEG_420

Ás 14:15 horas, case 3 horas despois, "dimos por rematada unha xornada emocionante, na que sentimos aportamos o noso grao de area para sementar información, sensibilidade e pautas simples de respeto ambiental nunhas mentes abertas, puras, coma un ceo azul sen nubes aínda. Eles son o futuro de Camelle", reflexiona Xosé Manuel Barros, alma de Mar de Fábula.

Visita dende Laxe

Saida Laxe escolas Mar de Fabula

A vindeira semana tócalle aos rapaces e rapazas de 5 e 6º de primaria do CPI Cabo da Area de Laxe vivirán unha experiencia integral. Viaxarán en autobús, nunha actividade artellada pola Concellería de Comercio, Hostalaría, ata a praia de Camelle, cos monitores da entidade e o profesorado, realizarán unha recollida selectiva do lixo. Coas crebas colleitada promoverán a súa reutilización creativa en diversos obradoiros de reciclaxe, concienciando á rapazada da necesidade de coidar a nosa contorna natural, e fomentando a creatividade artística entre as crianzas.

Novas sobre Mar de Fábula

Comentarios