Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha ducia de voluntari@s de Mar de Fábula eliminaron ducias de pequenos plásticos da praia de Laxe

Limpeza na praia de Laxe con Mar de Fabula 3
Unha ducia de voluntari@s de Mar de Fábula eliminaron ducias de pequenos plásticos da praia de Laxe

Unha ducia de voluntari@s de Mar de Fábula non faltaron á cita para eliminar unha manchea de lixo plástico da praia de Traba, en Laxe. Unha xornada na que destacou a presencia de Manuel, que veu dende Vilagarcía de Arousa para a ocasión e a presenza do alcalde do Concello de Laxe, José Luis Pérez Añón.

Ao longo das liñas da marea, recolléronse en tan só unha hora, unha gran cantidade de lixo de distinta natureza, entre o que destaca a seguinte relación:

  • 15 cartuchos de caza.
  • 6 botellas cristal
  • 46 botellas de plástico
  • 32 bastonciños de algodón
  • 3 máscaras
  • 2 cepillos de dentes
  • 2 xeringas
  • 70 pezas de plástico duro
  • 23 paos de bateas
  • 43 pezas de porexpan
  • 314 pezas de plástico brando
  • 15 kg. de aparellos de pesca
  • 3 m. de cordón activador de voadura
  • 9 portalentillas procedentes da perda dun contenedor no ano 2019.

Queda pendente unha nova quedada para limpar a franxa sur da praia, pois aínda moito lixo por recoller.

Limpeza na praia de Laxe con Mar de Fabula 2Limpeza na praia de Laxe con Mar de Fabula 1

Novas relacionadas

Comentarios