Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Os veciños da AC Campo do Río limpan o Anllóns

Os veciños da AC Campo do Río limpan o Anllóns

Fermoso exercición de voluntariado ambiental que veñen de protagonizar os veciños da Asociación Cultural Campo do Río. Este pasado venres, co apoio loxístico do Concello de Ponteceso comezaron o traballo de limpeza ás 19.00 horas no Campo do Río.

Esta iniciativa abarcará o tramo do río desde a Ponte da Garga ata a Ponte de Caldas, e irase realizando ao longo de varios meses coa colaboración de voluntarios e do Concello, que proporcionou os medios loxísticos necesarios para poder poñer en marcha o traballo de limpeza.

Limpeza do rio Anllons pola AC Campo do Rio 2

Queres participar

Todas as persoas interesadas en participar nas próximas xornadas do voluntariado deberán inscribirse, por motivos organizativos e de seguridade, a través do Facebook Campo do Río Anllóns, contactando con algún membro da directiva da mesma, ou deixando os seus datos (nome e teléfono de contacto) na Casa de Moreno.

A seguinte sesión será este venres 31 de xullo ás 19:00h.

Limpeza do rio Anllons pola AC Campo do Rio

O despois

Aqui esta o primeiro tramo de rio limpo pola nosa asociación con axuda de algun voluntario, os que esperamos que vaian medrando en numero... e ide dar un paseo pola zona, xa veredes a diferenza, paga a pena!!

Publicada por Campo do Río Anllóns en Sábado, 25 de Xullo de 2020

O Antes

Onte empezamos a limpeza do noso Rio Anllóns o seu paso polo noso pobo. Saimos dende o Pozo das Bestas dirección a Saimia. Este era o aspecto antes de comenzar os traballos.

Publicada por Campo do Río Anllóns en Venres, 24 de Xullo de 2020

comentarios