venres. 03.04.2026
El tiempo

Xallas e Cee disputarán a final da #CopadaCostaFEM na Fontenla

O Xallas celebrando o pase a final da Copa da Costa no Cairo
O Xallas celebrando o pase a final da Copa da Costa no Cairo
Xallas e Cee disputarán a final da #CopadaCostaFEM na Fontenla

Partidazos de auténtica Copa da Costa os vividos no Cairo e no Sampaio de Refoxos este xoves santo. O Xallas puido co Corme e o Cee conseguíu levar a eliminatoria á penaltis e se mete na final. A de Fontenla do 6-7 de xuño será a segunda final para ambos conxuntos. O Cee caía na 22/23 co poderoso Bergan, e o Xallas venceu ao Dumbría na 23/24 na final de Arliña.

Corme - Xallas (0-2)

  • Corme: Lucía, Lucía, Olalla, Cris, Saskia, Laura Vidal, Aroa, Clauda, Nati, Ana Suárez, Carla. Tamén: Carla Vázquez, Candela, Zeltia e Salomé.
  • Xallas: Peta, Landi, Gra, Ainhoa, Sara, Claudia Facal, Isa, Mery, Noe, Isa, Olalla. Tamén; Rosío, Silvia, Soraya, Barcia, Yaiza, Saray, e Daniela.
  • Goles: 0-1, m.7: Gra de cabeza tras un saque de banda longo; 0-2, m.47: Olalla tras un roubo.

Moito vento nun ateigado campo do Cairo, que zoaba na primeira metade a favor das locais. Así e todo eran as de Eloy García Feteira as que se adiantaban moi pronto nun saque de banda longo que Gra, ante a pasividade da defensa local, marcaba de cabeza. Non decaeu o equipo de Rubén Souto, que meteu en moitos problemas ao Xallas, con dúas grandes ocasións de Nati e de Cris dende segunda liña ás que respondeu con sendos paradóns Peta.

Tiveron tamén Isa e Gra un par de chegadas para as visitantes, pero a primeira metade foi de cor azul.

Na segunda, saían enchufadas as xalleiras que na primeira presión alta, roubo e gol de Oli. Tardou en reaccionar o equipo local, e intentouno cos cambios pero a lesión de Ana tras un choque o equipo desfíxose, permitindo que o Xallas aínda tivese unha falta de Noe ao longueiro ou un man a man de Isa que salvou Lucía Dourado.

Cee - Muxía (3-3)

  • Cee: Valeria, Lurs, Cris, Ramos, Aroa, Laura, Paula Veiga, Saray Duarte, Martínez, Sharay Caamaño e Nayara Casais. Tamén: Luchy, Thalia, Sabela, Carolina.
  • Muxía: Sheila, Ana, María, Nerea Barrientos, Raquel, Andrea Piroja, Laura Doce, Eva Lago, Patri Romaní, Eva Lema e Barca. Tamén Nerea Pazos, Elsy, Vero, Andrea e Karen.
  • Goles: 0-1, m.12: Eva Lema; 1-1, m.15: Paula Veiga; 1-2, m.27: Nerea Barrientos; 1-3, m.55: Eva Lema; 2-3, m.75: Cris; 3-3, m.89: Saray Duarte.

Tremendo partido no Sampaio que demostra que a CopadaCosta FEM tamén é outra cousa. Un choque con dúas partes diferenciadas e moitos nervios. Comezaba mellor o cadro muxián, mellor colocado, e marcando pronto por medio de Eva Lema. Pero as ceenses reaccionaron moi pronto co tanto de Paula Veiga. O partido transcorría igualado e eran as de Noe Iglesias as que golpeban de novo nunha xogada a balón parado.

Comezaba a segunda metade co terceiro de Eva Lema para as Corviñas, que parecía que deixaba a eliminatoria encarrilada. Pero nada parecido á realidade. O baixón físico das visitantes contrarrestou co impulso das de Rafa Suárez, que comezou a apretar metendo o balón na área muxiá. Recurraba Cris e os nervios comezaban a aparecer nas pernas visitantes, que tiveron un par de contras sen acerto. E no m.89, unha protestada falta polas visitantes, permitía a Duarte afiar o merecido empate.

Chegábase así á lotaría dos penaltis, na que a pesar de que Vero parou un, as ceenses estiveron máis acertadas. Barca e Eva Lema fallaban e deixaban en vataxe ás ceense co quinto penalti transformado por Paula Veiga. Tócaballe á Piroja pero Valeria estivo máis fina e meteu ao seu equipo en toda unha final da Copa da Costa.

Estivemos moi malos na quenda de penaltis, aínda que Vero, a nosa porteira suplente de hoxe, conseguiu deter un dos penaltis contrarios.

Comentarios