Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Xunta ratifica a nova xestora do PP de Ponteceso

Voceiras do PP de Ponteceso con Ethel Vazquez. 2
Ethel Vázquez en Froxán con Marta Carrillo e Beatriz Martínez
A Xunta ratifica a nova xestora do PP de Ponteceso

Apenas un mes despois do estrano e polémico relevo no seo do PP de Ponteceso, a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, realizaba unha visita institucional na que a mensaxe principal non pode ser outra que a ratificación da nova xestora formada polas dúas concelleiras Beatriz Martínez e Marta Carrillo.
Unha visita (sen presencia do alcalce) á zona do voceiro popular expulsado sen previo aviso, Daniel García Cotelo, que lamenta que ”a Xunta blanquee a xestora da traizón” deste xeito.

Vázquez achegouse a Froxán para anunciar a licitación das obras da senda entre Xornes e a Igrexa de San Xoán, que suporá un investimento de 446.000€. Un itinerario peonil e ciclista de 1,3 km de lonxitude pola marxe dereita da AC-421, enlazando coa senda de Xornes-Buño-Canta la Rana. A coselleira adiantou o obxectivo de que as obras comecen na primavera para que os veciños poidan tela á súa disposición xa o vindeiro ano.

Novas relacionadas

Comentarios