Luns. 07.10.2024
El tiempo

A maxia dos sons ocultos

A maxia dos sons ocultos
O blog da Radio Roncudo Podedes escoitar os novos programas da Radio Roncudo e radiONeria online Os sons da Costa da Morte son outro dos nosos grandes tesouros, descoñecidos polo común dos mortais, pois permanecen ocultos, rodeándonos, de cote, sen que poidamos decatarnos desa importante e máxica selva invisible de poemas radiofónicos, ou olas rompendo na costeira, ou o balbordo dos paxaros da ribeira nunha noite de ardentía no verán, ou unha sinxela radial (facendo música rock) na túa mesma rúa, símbolo sonoro de que polo menos alguén anda a traballar en algo na obra do lado. Esa fermosa selva máxica de sons que nos rodea!!! Agora que Radio Roncudo Corme xa ten reparada a súa vella antena, grazas os colaboradores e amigos que anónimamente contribuiron a dita reparación, vai ser o momento de que esta goleta bergantín radiofónica, “Ó NOSO XEITO”, o programa cultural no que son locutor voluntario, tódolos venres as dez da noite, re-inicie, por fin, eses directos trepidantes con novos ventos no velame e cunha nova singladura preñada de ilusión e novos contidos. As radios do mar, Radio Roncudo Corme e Radio Neria Corcubión, as radios irmandiñas, 106.1 FM e 108.7 FM, emiten xuntas este venres 11 de setembro as 22 h. o seu primeiro programa en directo desta segunda etapa do meu programa que será escoitado, coma sempre, polas dúas emisoras o unísono para asi estrenar antena nova en Corme e para que toda a nosa Costeira, dende Carnota ata Malpica, poida escoitar a voz de Serxio Moreira, o pianista descoñecido, falando da terriña que tanto ama, na que, coma o cisne cantor, olla dende o seu eterno anonimato, entre xira e xira, concerto e concerto, para compoñer novas xenialidades cunha radio antiga como instrumento, ou unha cafeteira vella, ou o tapón dun garrafón ou as gotas da choiva na xanela como melodía de fondo do seu novo tema, todo pode ser unha sinfonía perfecta cando a man do pianista arranxa as notas concretas no tempo exacto donde reside a maxia pura desa selva de sons que nos rodea. “ELO”, o seu novo traballo xunto coa poetisa Rosalía Fernández Rial está sendo todo un éxito fóra das nosas Comarcas, especialmente, pero moi pronto, agardo que tamén aqui contemos con presentacións e actos para poder desfrutar destes mozos, cheos de arte e amor polo que fan, eles son o futuro, e ademáis esta mocidade emerxente fai que me sinta orgulloso de ser Bergantiñán, abofé. Neles reside o noso irreductible convencimiento por seguir rumbo a tempestade, sempre.
Política local, sociedade, novas culturais, entrevistas, radio-teatro, poesía en vena, persoeiros de aqui… todo esto… e moito máis será incorporado a esa folla en branco, que me serve de guión cada venres a noite, neste “Ó NOSO XEITO” que emerxe novamente das nosas radios de salitre atlántica, que loitan por seguir vivas, falando de aquelo que calan os que non falan de nada importante, para ser máis altos e fermosos, cando te convidan a un café cun sorriso finxido e nada de seu que contar. Pero nós seguiremos querendo ser un faro nesta selva, nocturna e pétrea, onde, as veces, a choiva é unha canción na xanela mentras Serxio Moreira toca algo imposible que endexamáis ninguén tocou, nin tocará. Medren as nosas radios libres. Revolucionariamente.
  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

.

Comentarios