luns. 11.08.2025
El tiempo

A Xunta renovará o pavimento da estrada principal do polígono de Santa Comba

Belen Docampo e o PP santa comba copia
Belen Docampo con representantes do PP local no polígono xalleiro
A Xunta renovará o pavimento da estrada principal do polígono de Santa Comba

Ata o Polígono de Santa Comba achegouse a delegada da Xunta, Belén do Campo, e acompañada pola voceira do PP local, María Pose, informou da resolución das axudas para a mellora das infraestruturas dos parques empresarias. Concretamente, este polígono, grazas a estes apoios, contará con 120.000 euros para levar a cabo a renovación da pavimentación da estrada principal do parque e dos seus enlaces nunha superficie de case 10.200 metros cadrados ao longo de 580 metros.

A intervención consistirá no fresado superficial, para garantir unha correcta adherencia da nova capa, varrido e limpeza da superficie con retirada de residuos e extensión dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente, cun espesor mínimo de 5 cm. Ademais, levarase a cabo a sinalización vertical e horizontal. Con esta obra, apuntou a delegada, búscase garantir a seguridade viaria, mellorar a  funcionalidade do pavimento e aumentar a vida útil da infraestrutura optimizando o seu mantemento.

Comentarios