Adxudicada a senda de Santa Cataliña
12:50 08/12/22
Fican xa adxudicadas as s obras da nova senda entre A Ponte e Santa Cataliña, en Santa Comba, á empresa Mantido S.L. por 147.288 euros. A obra prevé iniciarse a principios deste vindeiro ano 2023 e rematala na primavera, xa que conta cun prazo de execución de 4 meses.
Serán 450 metros de senda no marco da estrada AC-404, cun ancho de 1,80 metros.