Aprobada unha nova senda peonil entre a Ponte e Santa Catalina
11:52 12/07/21
Este pasado venres, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciáballe á alcaldesa de Santa Comba, María Pose, a nova senda peonil que se realizarán entre A Ponte e Santa Catalina.
Serña un itinerario peonil na marxe dereita da AC-404, entre os puntos quilométricos 1+880 e 2+330 (450 metros), cun investimento da Xunta de arredor de 150.000 euros.
No punto quilométrico 2+210 proxéctase un muro de coieira de 8,5 metros de lonxitude para non afectar ao rego das Dornas.
En breve porán o proxecto a información pública para a expropiación.