Carnet por puntos no mar
10:14 31/01/17
Aínda que algúns patróns e armadores non están dacordo coas novas medidas europeas para o control do sector pesqueiro, a algúns galegos, parécennos medidas insuficientes totalmente
Que a piratería capitalista de saqueo e arrase está esterminando o mundo do mar é unha realidade máis que evidente, e moito mais naquelas rexións de Europa onde as normas están para ser incumplidas, onde non se respetan coutas, vedas, tallas mínimas, etc, etc… pois só importa vender fóra da lonxa e a factura con B de Bárcenas e carto fresco para o peto, e asi, claro, asi imos fatal.
Os descartes, ese gran dilema sen aperente solución, só é a punta do iceberg dunha política pesqueira (a española) desastrosamente torticera onde os grandes armadores fanse de ouro coas súas grandes flotas de arrastre e mentras a flota do cerco sae a pescar todo canto caia na rede para poder levar un cacho de pan a mesa. E xa non falemos da ausencia total de zonas protexidas no noso litoral para que nun futuro moi próximo exista algo que pescar, medidas urxentes que (por suposto) ninguén levará a cabo porque os mariñeiros xa son case todos africanos e filipinos (que me gustaría saber en que condicións viven e en que condicións faenan) e a gran flota pesqueira xa foi despedazada hai xa uns cuantos anos; ademáis os dirixentes españois miran só polos seus intereses. E dicir, a ninguén parece importarlle o máis mínimo o que pase na nosa costeira.
O que si que podemos admitir e que os outros paises europeos toman todo tipo de medidas para que os seus litorales teñan recursos suficientes. Francia é un exemplo de unión da súa flota pesqueira e un exemplo tamén de cómo se deberían facer as cousas; os pescadores deportivos teñen que marcar as súas capturas inmediatamente o que impide que rematen no plato dalgún restaurante, existen zonas protexidas onde ningún aparello pode estar na auga, o turismo da pesca deportiva tamén ten un gran peso na economía local dos pobos da costa (especialmente na Finisterre bretona), respetanse tallas e cuotas polo ben dos bancos pesqueiros e pola gran eficacia das inspeccións cotiás que fan o seu labor axeitadamente.
E namentres aqui seguimos rasgándonos as vestimentas polas sancións e polo famoso carnet por puntos para os piratas irrecuperables, e aqui seguimos con botaduras de novos barcos e seguimos ollando nasas ilegais e redes de malla fina e pulpo a tres euros o kilo fóra da lonxa (bebés de pulpo) e, claro, todo con b de bárcenas, por suposto.
O que está claro e que este País bananero cheo de saqueadores do mar non precisará un brexit para sair da C. E. E. porque se os europeos son algo espabilados o que deberían facer e expulsarnos definitivamente desta sociedade de nacións por piratas e por trapalleiros. O mar xa non é de todos, o mar xa fai algún anos que é de catro armadores que soñan con ser os máis ricos do cemiterio. Sen medidas e sen goberno… non agardedes a que esto acabe ben.
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Descende o paro na Costa Morta.
- A creatividade costeira… florece na primavera.
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán.
- O verdadeiros donos da Casa Republicana do Concello de Cabana.
- Buscando tesouros na praia de Laxe.
- A morte da Costa da Morte.
- Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas.
- Unha de cal e unha de area.
- Obscenidade, sexo e poesía.
- O Raio Vermello de Dombate.
- #12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra.
- Con Laxe no punto de mira.
- Esta nosa Costa do Solpor.
- Brúan as vacas en Fisterra.
- A maxia dos sons ocultos.
- Carta aos amigos da radio libre.
- A puta conciencia.
- O rescate das gafas vermellas.
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).