Luns. 06.05.2024
El tiempo

A comunidade escolar do CEIP Barrié de la Maza sae á rúa para esixir unha reforma integral

Foto enviada a Xunta de Galicia en Xan 2024_teitos hoxe-CEIP Santa Comba
A ANPA xa lle enviou fotos como estas á Xunta da situación do centro
A comunidade escolar do CEIP Barrié de la Maza sae á rúa para esixir unha reforma integral

A comunidade escolar do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba está cansa. Pingueiras por todo o centro que provocan que chova nas aulas, o deterioro do sistema de calefacción, o mal estado dos falsos teitos… é necesaria unha remodelación integral deste centro, qe este 2024 cumple 50 anos.

Por todo isto a ANPA Xallas, que leva dende 2021 pedíndoa, convoca unha manifestación para este venres 9 de febreiro, que partirá do aparcamento de autobuses do centro a partir das 16:30h, para denuciar a "indiferenza da Xunta" co centro.

Contexto

A ANPA lembra quetanto dende a dirección do colexio como dende a Anpa se teñen mandado múltiples escritos á Consellería solicitando a devandita reforma. Todas solicitudes foron entregues por rexistro ademais de documentadas publicamente no PXA (Programación Xeral de Actuación) dos cursos 2020/2021, 2021/2022, 2022/2023 e 2023/2024.
En febreiro 2023, cando caeu parte do teito de unha clase debido ás filtracións, a Anpa solicitou unha reunión na Xunta para pedir unha resposta as demandas do centro. "Fomos recibidos en abril 2023 polo Xefe Territorial de Educación. Saímos desta reunión con un compromiso de que enviarían un técnico para facer un estudo e que daríanos unha resposta. Non o fixeron", lamenta a Luciana Triáns, a epresentante da Anpa Xallas no Consello Escolar.

CEIP SANTA COMBA Foto Feb 2023_caida teito encima da profesora
O teito está que se cae, literalmente, obrigando mesmo a pechar algunha aula

Tamén se presentaron enmendas aos orzamentos da Xunta, que non foron aprobadas por un goberno da Xunta que en setembro de 2023 aprobou o presuposto do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, cun 27% ata os 243 millóns de euros para “impulsar a modernización dos centros”, pero nada foi destinado ao Barrié.

Así, o asunto volveu ao Consello Escolar, pero a pesar das constantes peticións de reunións coa Consellería de Educación, aínda non hai resposta máis que o envío dunha empresa para facer unha pequena actuación na parte máis danada do tellado. O Concello está utilizando un remamente para facer unhas pequenas actuacións, pero "son claramente insuficientes".

"A situación chegou a un limite insostible: o colexio enviou á Consellería un informe de que hai aulas en situación precaria con filtracións, con unha balsa de auga sobre a cabeza do alumnado", sinalan dende a ANPA. De feito, o centro decidiu cambiar a unha clase enteira de nenos/as de aula debido ás continuas filtracións de auga e goteiras que presenta.

“Pedimos a reforma integral do centro porque non hai como elixir unha prioridade: vivimos unha situación crítica. As clases están inundadas porque a cuberta e as ventás filtran auga, no comedor hai pingueiras encima dos equipos eléctricos, os queimadores de gas da cociña están condenados... Eso por non falar das tuberías da calefacción que discorrem polas paredes do centro expostas. Estamos falando de un sistema obsoleto, que hai algúns anos estourou nunha aula, que por sorte estaba baleira naquel momento. Pero ata
cando estaremos suxeitos a riscos? Ata ocorrer un accidente importante?”

Manifestacion ANPA Barrie de la Maza

O BNG apoia a mobilización

Leva denunciando o BNG as numerosas deficiencias do Colexio Barrié de la Maza de Santa Comba, ademais de lembrar os problemas do Centro de Saúde. Mesmo presentaron varias emendas aos orzamentos da Xunta sendo rexeitadas todas polo PP.

Así, ante a falta de resposta, o BNG de Santa Comba estará na manifestación convocada pola Anpa Xallas Ceip Barrié de la Maza para o venres día de febreiro á 16:30.

Máis novas

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/santa-comba/bng-esixe-xunta-solucions-urxencias-do-centro-saude-colexio-santa-comba/20231201121848150856.html https://www.quepasanacosta.gal/articulo/santa-comba/bng-reitera-emexencia-tomar-medidas-centro-saude-santa-comba-despois-recentes-incidentes/20240126102512152056.html

Comentarios