Venres. 03.05.2024
El tiempo

O BNG reitera e emexencia de tomar medidas no Centro de Saúde de Santa Comba despois dos recentes incidentes

Centro de Saude de Santa Comba
O BNG reitera e emexencia de tomar medidas no Centro de Saúde de Santa Comba despois dos recentes incidentes

Xa vai mes e medio dende que o BNG denunciaba as graves deficiencias do Centro de Saúde de Santa Comba.

Pero nada se fixo dende entón, polo que o BNG volve urxir a tomar medidas no Centro de Saúde de Santa Comba despois dos recentes incidentes. O portavoz nacionalista na localidade, Juan David Sixto alerta de que "a situación é crítica e é necesario tomar medidas xa porque corremos o perigo de que poda suceder un accidente de gravidade con risco para as persoas”.

Sixto indica que os informes de investigación emitidos polo propio SERGAS cualifícanse tres incidentes leves e un de grave e sitúan a causa nas deficiencias atopadas nas caldeiras da calefacción que provocan unha mala combustión e xeneran grande cantidade de fume.
O propio informe indica o risco de incendio, polo que pide anular o sistema de calefacción e instalar outra que cumpra a normativa e os requisitos de seguridade.

Pola súa parte, a CIG-Saúde, emitiu outro informe no que se expoñen as deficiencias observadas, algunhas "de extrema gravidade" e demanda actuacións preventivas como a reparación as caldeiras ou a revisión e posta en funcionamento da central de alarma.

Ademais do estado das caldeiras, o BNG denunciou o deterioro xeral do Centro de Saúde con graves problemas como as pingueiras de auga que caen en todo o centro obrigando mesmo a colocar baldes en determinadas localizacións para conseguir que os pacientes non escorreguen ou o estado das xanelas, con dificultades para abrir e pechar.

Comentarios